xoves, 1 de xuño de 2017

Imos de paseo!

O paseo aos peixiños gústanos moito e, como o curso vai rematando, xa fixemos a saída que tiñamos prevista para este trimestre. Foi este martes, e foi unha saída moi especial: fomos á Coruña e a Betanzos acompañados/as das nosas mamás!
Na Coruña fomos facer un taller de jumping clay! Aproveitando que traballamos os animais na clase, os máis pequenos/as fixemos o noso propio crocodilo e os maiores un leonciño!




















Como non podíamos ir todos/as xuntos/as, esperabamos no Parque de Oza e que ben o pasamos!












Logo fixemos unha pequena viaxe en tren! Fomos desde A Coruña ata Betanzos. Para moitos de nós era a primeira vez! E incluso para algunas mamás, e como nos prestou! Non hai máis que vernos!


















Para rematar o día, pasamos un anaquiño da tarde en Betanzos e, como non podía ser doutro xeito, visitamos o Parque do Pasatempo que, a pesar de estar en moi mal estado, merece a pena visitar. Aínda puidemos ver unha boa mostra de manifestacións artísticas de diferentes partes do mundo (Pirámide de Exipto, muralla china, parque do Retiro, covas artificiais nas que descubrimos dinosaurios...), como desexaban os irmáns García Naveira, que idearon e  crearon este parque. (https://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/pasatempo/). Tamén subimos á terraza, desde onde puidemos gozar dunha espectacular vista da vila que no tempo dos Reis Católicos viviu o seu maior esplendor e que aínda hoxe pode presumir de ter un dos mellores cascos urbanos mellor conservados de Galicia declarado desde 1970 como Conxunto historio-artístico.





E ata aquí a nosa excursión. Pasou o día, pasou a romaría!





Ningún comentario:

Publicar un comentario