xoves, 25 de maio de 2017

As nosas Letras

O  día das Letras Galegas deste 2017 dedicóuselle ao escritor Carlos Casares (http://fundacioncarloscasares.org/biografia/), que nos deixou historias ben bonitas coma a da Galiña azul. A través dela rendémoslle a nosa humilde homenaxe ao autor ourensán na aula dos peixiños. Esperamos que vos guste! :)






















xoves, 11 de maio de 2017

Paseando pola casa

Coa chegada do bo tempo, ademais de poñernos mans á obra e sementar para logo recoller, saímos de paseo pola casa: fixemos o Paseo dos Muíños! Fomos acompañad@s polos compañeir@s de 6º de Educación Infantil e por algunhas mamás (e irmás) nosas. A elas agradémoslles a agradable compaña e a súa colaboración e axuda!
E nós deixámosvos aquí uns anaquiños desa tarde para que vexades canto nos prestou!

























mércores, 10 de maio de 2017

Tempo de sementar


Coa chegada da primavera
chega o tempo de sementar;
nós non quixemos ser menos
e unhas leitugas botamos a andar!

Mil grazas a Carme por traernos terra na que plantar! :-)








Uns días despois...