martes, 25 de abril de 2017

Nós tamén contamos

O pasado sábado, 23 de abril, foi o Día do libro, aínda que no cole festexámolo hoxe, martes, cun maratón de lectura do libro As viaxes de Gulliver. Como nós aínda somos pequeniños/as, non participamos lendo, senón escoitando aos maiores. Pero tamén celebramos este día creando un conto entre todos/as porque nós tamén podemos contar contos (e inventados!). Ademais tamén fixemos un marcapáxinas  que agardamos usar moito lendo contos e contos e coñecendo moreas e moreas de novas historias, porque

         a lectura ábreche as portas do mundo que te atrevas a imaxinar!















Ningún comentario:

Publicar un comentario