mércores, 29 de marzo de 2017

A nosa primavera

Ademais de darlle a benvida á primavera da man dun poema de Gloria Fuertes, tamén lle puxemos algo de cor ás paredes do cole cun mural desta estación no que os principais protagonistas somos nós. Agardamos que vos guste!















E tamén fixemos unhas flores e unhas bolboretas para a nosa aula!
























martes, 21 de marzo de 2017

Dámoslle a benvida á "Prima Primavera"!

A Primavera xa chegou e nós dámoslle a benvida no día da poesía cunha de Gloria Fuertes. É que a nós tamén nos gusta a musicalidade da primavera.

Gústanos iso do "pío, pío, pío...";
cheirar de novo as flores;
observar as cores;
ver as bolboretas voar;
escoitar os paxariños piar...











Día do pai

Todos os días do ano son día do pai, pero o pasado domingo celebramos un día diferente cun agasalliño: un chaveiro. E non sabedes o traballiño que nos custou facelo! Todos e todas os fixemos con moito esforzo e cariño... Debuxámonos a nós cos nosos papás e non sabedes o que nos custa debuxar nun espazo tan pequeniño! Pero ao final valeu a pena! Quedáronnos ben bonitos, non si? E como non, tamén lles pintamos un peixiño! ;) Esperamos que lles gustara o regaliño! :)